INTRODUCIÓN
Pingas de linguas é un conxunto de 50 libros LIM destinados á mellora da competencia oral e escrita en lingua galega por parte do alumnado. Estes libros desenvolven unha morea de actividades e en cada un deles especifícase o grao de dificultade (1, 2, 3), aínda que todos poidan ser utilizados en calquera nivel, posto que tratan cuestións gramaticais básicas presentes no currículo da materia de Lingua e literatura galega en todos os cursos da ESO, BAC, EPA, FP Básica... Trataranse, daquela, coñecementos imprescindibles que se repiten en todos os cursos desde primaria, pero que unha gran cantidade de alumnas e alumnos non consegue fixar, debido a múltiples factores como as interferencias co castelán, a despreocupación pola corrección no emprego do galego por parte dos diferentes personaxes públicos que poidan servir de modelo (presentadores/actores da TVG, políticos, profesorado...), o abandono progresivo do galego como lingua vehicular...
E
|
Estas cuestións distribúense en cinco grandes temas: o nome (substantivo e adxectivo), os pronomes e determinantes, o pronome persoal, o verbo e outras palabras (adverbio e preposición) Cada un destes temas gramaticais será abordado cun enfoque diferente, sempre práctico, en cada un dos apartados do proxecto: - Pingas de lingua sabedoras : Gramática -> formada por 25 libros LIM (a cerna desta acción educativa), repasa de xeito exhaustivo todos os contidos gramaticais citados. - Pingas de lingua ilustradas : En imaxes -> formada por 13 libros LIM (máis breves), proporciona actividades de reforzo sobre os mesmos temas tratados en Pingas de lingua sabedoras, pero cun enfoque máis lúdico, xa que todas as actividades se basean en imaxes da vida real, a maioría con contido humorístico. - Pingas de lingua trapalleiras : Cacha o erro -> formada por 12 libros LIM (máis breves), de estrutura similar aos do apartado anterior, cunha diferenza esencial: neste caso as actividades propostas céntranse na localización de erros habituais no galego escrito da vida pública galega, en carteis, anuncios, viñetas... - Pingas de lingua variadas : Popurrí -> neste apartado, á parte de información diversa sobre o proxecto (manual de uso, créditos...), inclúense 16 actividades realizadas coa ferramenta Learningapps que inciden nos mesmos temas básicos xa citados. Así, o profesorado poderá escoller o tipo de actividade que realizará o alumnado baseándose, ben no tempo de que dispón ou que quere adicar a cada tema, ben no enfoque que prefire adoptar para abordar a materia. Todos os libros poden ser utilizados de forma independente, de tal xeito que as actividades poden realizarse ao longo dunha xornada lectiva (ou máis dunha) cando se queira tratar exhaustivamente algunha cuestión gramatical; ou, pola contra, pode abordarse algún aspecto gramatical puntual por parte do profesorado na última parte dunha clase ou como deberes puntuais para a casa. |
|
Pingas de lingua é un proxecto educativo dirixido fundamentalmente a alumnado de 1º e 2º curso da ESO da área de Lingua galega e literatura; porén, as diferentes actividades poderán incorporarse en múltiples niveis (grao de dificultade progresivo) para afianzar os coñecementos gramaticais en outros cursos da ESO, Bacharelato ou EPA. Así mesmo, podería ser de utilidade nas horas de Reforzo, no módulo de Comunicación en lingua galega da FP Básica ou no ensino de lingua galega como lingua estranxeira nas EOIs.
|
1. OBXECTIVOS
guia.didactica.1.obxectivos.pdf | |
File Size: | 91 kb |
File Type: |
2. ASPECTOS CURRICULARES
Competencias básicas
|
Contidos presentes no DCB
|
Contidos concretos
|
3. METODOLOXÍA
A maioría das actividades de Pingas de Lingua foron elaboradas con EdiLim (algunhas porén, foron realizadas coa aplicación en liña Learningapps), un editor de libros LIM (libros interactivos multimedia) para a creación de materiais educativos, unha ferramenta de autor creada por Fran Macías: http://www.educalim.com/index.htm
Todas as actividades son interactivas e moi variadas, ademais pretenden ser entretidas para manter a atención do alumnado e fomentar a motivación na súa autoaprendizaxe.
Cada libro funciona de xeito independente, así, o profesorado poderá escoller o tipo de actividade que realizará o alumnado baseándose ben no tempo do que dispón ou que quere adicar a cada tema, ben no enfoque que prefire adoptar para abordar a materia.
Daquela, os libros interactivos poden ser utilizados de diversas maneiras:
a) NA AULA: como complemento ás explicacións do profesorado. A profesora ou profesor exporá o tema do día (o xénero, os tempos verbais...) e, deseguido, proporá ao alumnado a realización das actividades relacionadas con el, ben no seu portátil (aula Abalar), ben na Aula de Informática nos centros non incluídos no proxecto Abalar. A rapazada poderá consultar coa profesora ou profesor as dúbidas que lle vaian xurdindo ata completar as actividades.
Dentro da aula tamén se poden usar estas actividades como material de reforzo da materia para o alumnado que precisa unha atención especial.
b) NA CASA:

- No ensino regrado: como material de reforzo educativo (só para o alumnado que conte con ordenador persoal e conexión a internet) Para afianzar os contidos explicados na clase, o profesor ou profesora pode propor a realización de actividades concretas, ben a xeito de deberes para todo o alumnado, ben como tarefas de reforzo ou recuperación só para aquelas e aqueles que non acadaron os obxectivos relacionados coa materia.
- Na vida persoal: como material de autoaprendizaxe, ben no ensino de Galego como lingua estranxeira (EOI), ben como ferramenta para mellorar a competencia lingüística de calquera persoa interesada na escrita correcta do galego.
ANEXO 1:
Clasificación das actividades. Exemplos.
|
ANEXO 2:
Secuenciación didáctica.
|
4. AVALIACIÓN.
Como xa comentamos anteriormente, Pingas de lingua é un proxecto baseado na autoformación e na autoavaliación. Daquela, será o propio alumno quen valore o seu progreso no proceso de autoaprendizaxe, sen prexuízo de que a profesora ou profesor poida facer un seguimento destes avances.