O nome
|
Os nomes son palabras variables formadas por un lexema ou raíz ao que se poden unir morfemas gramaticais de xénero e número. Teñen significado léxico e (o mesmo cós verbos) forman un inventario aberto.
Dentro desta categoría adoitan incluírse tanto os substantivos como os adxectivos, posto que as diferenzas funcionais entre eles son mínimas e, ás veces, a clasificación nunha ou outra categoría depende do contexto. A principal diferenza está na función sintáctica xa que o substantivo é o núcleo da frase nominal e o adxectivo o modificador. O adxectivo concorda en xénero e número co substantivo. |