Os determinantes e os pronomes
Consideramos pronomes determinantes aqueles que poden funcionar nuns contextos como núcleo da frase nominal (como pronomes) e noutros como determinantes do núcleo.
Seguindo un criterio semántico, é dicir, baseándonos nas nocións ou ideas que expresan (posesión, cantidade...), distinguimos os seguintes pronomes determinantes:
Seguindo un criterio semántico, é dicir, baseándonos nas nocións ou ideas que expresan (posesión, cantidade...), distinguimos os seguintes pronomes determinantes:
Os demostrativos e posesivos
Os demostrativos localizan no espazo ou no tempo, é dicir, indican o maior ou menor grao de proximidade dun elemento con respecto ao emisor da mensaxe.
Os posesivos indican a posesión ou relación dun elemento (ou varios) con respecto dun posuidor (ou varios) Tantos os demostrativos como os posesivos son palabras variables en xénero e número. |
Os indefinidosOs indefinidos fan referencia a un conxunto de unidades de xeito impreciso e xenérico. Incluímos baixo este nome o que nalgunhas gramáticas clasifican en dúas categorías: os cuantificadores indefinidos (cuantifican de maneira indeterminada a realidade á que se refiren) e os identificadores (seleccionan a realidade á que se refiren de entre as demais da mesma especie)
|
Os numeraisOs numerais expresan con exactitude a cantidade ou a orde. Segundo o seu significado, clasifícanse en: cardinais (indican un número exacto de unidades), ordinais (indican a orde nunha serie), multiplicativos (designa un múltiplo dunha cantidade), partitivos (precisan a cantidade pola que se divide proporcionalmente unha cantidade) e colectivos (indican en singular unha realidade plural na que se precisa o número exacto de elementos do conxunto)
|
Os relativos, exclamativos e interrogativos
Estes tres tipos de pronomes determinantes carecen de contido semántico propio e comparten a maior parte das súas formas (cuxo/a só é relativo)
Os relativos funcionan como nexo nas oracións subordinadas adxectivas e desempeñan unha función na oración que introducen (substitutos do antecedente) Os interrogativos introducen unha pregunta, directa ou indirecta. Os exclamativos introducen exclamacións. |
O artigo
O artigo é unha palabra variable que conta unicamente con significado gramatical. Funciona sempre como determinante (non se inclúe dentro dos pronomes determinantes) do nome ou do núcleo da frase nominal. Sitúase sempre diante do núcleo e encárgase de actualizalo ou identificalo. Segundo indiquen unha referencia precisa ou imprecisa, distínguese entre artigos determinados e indeterminados.