• INICIO
  • GRAMÁTICA
    • O NOME >
      • O xénero
      • O número
    • OS DETERMINANTES E OS PRONOMES
    • O PRONOME PERSOAL
    • O VERBO
    • OUTRAS PALABRAS
  • EN IMAXES
    • O NOME e outras palabras
    • O VERBO e outras palabras
  • CACHA O ERRO
    • O NOME e outras palabras
    • O VERBO e outras palabras
  • POPURRÍ
    • learningapps
    • DOCUMENTOS VARIOS >
      • CRÉDITOS
      • MANUAL DE USO
      • GUÍA DIDÁCTICA
  PINGAS DE LINGUA

                MANUAL
                DE  USO

Pingas de lingua é unha páxina cunha organización moi sinxela, co que navegar por ela non
che suporá ningún problema. De todos os xeitos, non está de máis explicar a súa estrutura.

Páxina en WEEBLY


As “pingas” de lingua son 50 libros LIM organizados nunha páxina web en tres apartados: Gramática,
En imaxes e  Cacha o erro. Podes acceder a cada un deles premendo nas pestanas do alto da páxina (ou premendo nas ligazóns das imaxes corredías da pantalla de inicio)
Tamén verás unha pestana máis, Popurrí, na que, como o seu nome indica, se ordena información variada.
Daquela, verás ao lado de Inicio catro pestanas máis nas que poderás escoller o tipo de actividade.
Cada un destes apartados conta coa súa propia cabeceira para evitar as confusións.

Cuadro

G
r
a
m
á
t
i
c
a


Nesta sección podes practicar os teus coñecementos gramaticais, premendo no
letreiro que máis che conveña segundo sexa o teu "destino": o nome, os
determinantes e pronomes, o pronome persoal, o verbo e outras palabras.

En cada categoría gramatical, atoparás unha pequena descrición do
tipo de palabra escollido e, deseguido, as ligazóns ás actividades,
ben nas ilustracións, ben en botóns específicos.

Os diferentes libros repasan as cuestións gramaticais máis habituais nos manuais
de Lingua galega: xénero, número, te/che, colocación dos pronomes, conxugación
verbal...  con actividades de completar (esquemas, textos ou frases), relacionar
imaxes con imaxes ou con palabras, clasificar imaxes ou textos, arrastrar textos, etc.

En imaxes


Neste apartado incídese nas mesmas cuestións
que no anterior, pero con outra metodoloxía.
Os exercicios son totalmente visuais e están
baseados en imaxes reais: viñetas, memes, carteis publicitarios... Deberás completalos ou
modificalos para solucionares as actividades.

Cuadro

Cuadro

Cacha o erro!


Aquí, como indica o título, deberás detectar
os erros que atopes nas imaxes achegadas:
xornais, memes, chistes, anuncios
publicitarios, páxinas web... e corrixilos.
Os erros refírense ás mesmas cuestións
gramaticais tratadas nos apartados anteriores.
A maiores, engádense dous libros de léxico.


Popurrí


Learningapps: 16 exercicios realizados nesta aplicación para acabar de repasar os citados contidos gramaticais. Están concibidos como exercicios de reforzo o mesmo cós do apartado En imaxes e Cacha o erro.
Imagen
Outros documentos:
información diversa sobre o proxecto: créditos, guía didáctica, documento técnico e as instrucións de emprego que estás lendo, o manual de uso

Libros en EDILIM


Cuadro

Todas as actividades están organizadas segundo o nivel de
dificultade (1, 2, 2/3 ou 3) para que cando abras cada libro
saibas a que aterte. Contan tamén cunha páxina de solucións
aínda que algún dos libros está concibido como un repaso da
teoría gramatical e non as precisa, por exemplo, a teoría do
xénero e o número, clasificados no nivel de dificultade 1.

Cuadro
Nos libros LIM é moi sinxelo e intuitivo navegar: desprázaste polas páxinas premendo nas frechas situadas
no fondo da páxina á dereita (para adiante e para atrás) e logo de rematares as actividades propostas
en cada páxina   podes  comprobar  se acertaches ou non no “V” situado ao lado das frechas.
Cuadro

Poderás ver unha mensaxe de felicitación se deches coa resposta correcta (MOI BEN!! ASÍ SE FAI!!) ou
de ánimo se fallaches, tipo: MÁGOA! TÉNTAO DE NOVO!!

Ao rematares cada libro podes mirar os teus resultados
no “i” de información situado no alto da páxina á dereita.

Cuadro

Cuadro
E iso é todo, agora só che queda navegar para...
MELLORARES O TEU GALEGO!!!
 
PD: Esquecíame presentar o “protagonista” destas
páxinas, o can Lor, quen con bo humor te acompañará
no teu percorrido polas diferentes actividades.

Con tecnología de Crea tu propio sitio web único con plantillas personalizables.
  • INICIO
  • GRAMÁTICA
    • O NOME >
      • O xénero
      • O número
    • OS DETERMINANTES E OS PRONOMES
    • O PRONOME PERSOAL
    • O VERBO
    • OUTRAS PALABRAS
  • EN IMAXES
    • O NOME e outras palabras
    • O VERBO e outras palabras
  • CACHA O ERRO
    • O NOME e outras palabras
    • O VERBO e outras palabras
  • POPURRÍ
    • learningapps
    • DOCUMENTOS VARIOS >
      • CRÉDITOS
      • MANUAL DE USO
      • GUÍA DIDÁCTICA