O número, o mesmo que o xénero, é unha propiedade inherente ao substantivo que permite clasificalo en: singular (cando se refire a unha soa unidade) e plural (cando designan varias unidades). O adxectivo adopta o número do substantivo que acompaña xa que sempre concorda con el.
Na flexión de número o singular é o termo non marcado "Ø" e o plural o termo marcado que se manifesta co morfema "s".
As regras que rexen esta flexión (formación do plural) son as mesmas para substantivos e adxectivos.

Formación do plural
Outros casos
Os substantivos compostos presentan certas particularidades na formación do plural.
Por outro lado, algúns substantivos non presentan oposición de número e só teñen forma de singular ou forma de plural, ou utilízanse indistintamente en singular e plural.
Tamén cómpre sinalar a existencia dos substantivos colectivos que, aínda estando en singular, aluden a un conxunto plural de elementos da mesma especie.